Máis de 10.000 persoas claman en Compostela por unha Galiza soberana
Máis de 10.000 persoas claman en Compostela por unha Galiza soberana
Unha maré convocada polo BNG ateigou as rúas de Compostela para reclamar o dereito do pobo galego a ser soberano. Organizacións e movementos sociais, veciñais , feministas e ecoloxistas secundaron a marcha por unha "Galiza ceibe
Pola calor e o sol que presidía este domingo a capital da Galiza ninguén diría que estamos en setembro. Máis ben semellaba xullo. As rúas ateigadas de militantes do BNG achegábannos aínda máis a un 25 de ese mes que a un 15 do presente. Millares de nacionalistas saíron nesta soleada xornada ás rúas para se manifestar e reclamar o dereito da Galiza a ser, a existir como unha 'Patria soberana'. Esa que reclama o Bloque coa súa convocatoria.
"Quer queira, quer non, Galiza é unha nación", entoou a multitude que encheu a Alameda de Compostela cando o reloxio pasaba por pouco das 12.00. Unha inmensa bandeira da Patria engalanaba a céntrica Porta Faxeira e presidía a manifestación. Detrás dela, milleiros de persoas clamaron por un Estado propio para este país. Demandaron poder de decisión pleno sobre os sectores produtivos, sobre o monte, os aforros; mais tamén soberania sobre os corpos das mulleres, o medio rural ou o mar.
Mais a convocatoria deste 15 de setembro non visaba ser un Día da Patria retrasado polos acontecementos, procurou ser --en verbas do propio portavoz nacional do BNG, Xavier Vence-- "un punto de inflexión". Unha chamada á orde aos poderes fácticos que se cernen sobre a Galiza para facer ver que "somos un pobo vivo" --comentaban @s manifestantes.
"A sociedade ten que converter o cabreo" --que é moito-- "en mobilización", sinalou o voceiro nacional da organización frontista e reaxir ás "políticas que desde a Xunta e Madrid están a levar o país ao abismo". "Queremos que o país reaccione", arengou Xavier Vence pouco antes de dar comezo a mobilización, "para mudarmos a situación" perante o desemprego, a emigración xuvenil, o roubo dos aforros ás persoas estafadas coa fraude das preferentes e subordinadas, o desleixo institucional cos montes ou a inacción do goberno fronte o esmorecemento do tecido industrial galego.
Representantes dos principais conflitos sociais que arestora avivan as rúas galegas déronse cita detrás da faixa que encabezou a mobilización. Labreg@s, estudantes, moz@s, empregad@s públic@s, pensionistas; representantes dos movementos sociais e do tecido asociativo, da cultura, da lingua --en RAG ou AGAL-- do feminismo, do sindicalismo e a loita obreira, o ecoloxismo e mesmo o colectivo de emigrad@s retornad@s @s que lles queren roubar os aforros de toda unha vida. Tod@s tiveron espazo na manifestación convocada polo BNG mais tamén voz.
A Praza da Quintana: un altofalante dos conflitos sociais
Pouco máis de media hora pasara desde que a manifestación saíu da Alameda cando a cabeceira comezou a entrar na Praza da Quintana. Porén, @s manifestantes máis rezagad@s aínda cubrían as dúas beiras da Praza Galiza ao berro de "independencia". Nun palco improvisado e sen acceso a un punto de luz municipal pola negativa do Goberno local, o BNG pedía aos milleiros de persoas que enchían a praza achegárense ás escaleiras para deixar entrar o final da manifestación.
Co ceo despexado e un sol que non deu tregua desde o inicio da mobilización, daba comezo o acto político na Quintana entre berros que exixían o recoñecemento do dereito de autodeterminación para o pobo galego. 10.000 voces berraron ao unísono por unha "Galiza ceibe" e "popular", por un país dono do seu futuro que deu máis un exemplo de dignidade.
O secretario xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, abriu a quenda de intervencións batendo con dureza contra "este estado cruel e corrupto" que "nega", dixo, "o dereito da mocidade a un traballo digno e na Terra". Un Estado presidido por un presidente abafado polos casos de corrupción no seu partido e por "unha monarquía parasitaria" --afirmou.
"Nacimos para sermos libres nunha Patria soberana"
O lider das mocidades do BNG clamou no seu discurso por unha "Galiza independente de España", soberana e "con futuro" para a xente moza. Após facer relatar as organizacións nacionais e internacionais, colectivos e movementos sociais que saudaron ao BNG con motivo da manifestación, Mera deu paso --unha a unha-- a unha ducia de persoas que puxeron faciana e voz aos conflitos laborais, sociais e políticos que atravesan Galiza.
"Un Parlamento verdadeiramente soberano", acrecentou o voceiro nacional do Bloque na súa quenda. Precisamos, dixo, institucións que "se deciden rexeitar a quita das preferentes" esta non poida ser aplicada desde Madrid ou se din "non" ao veto da construción naval civil, os nosos esteleiros comecen a producir barcos "porque sabemos e queremos construílos", salientou Daniel Grandal en nome do sector. Representantes da conserva, o naval, do calote das preferentes, do sector agrogandeiro, da cultura, moz@s que emigran e emigrad@s que volven; portavoces dos conflitos medioambientais como o proxecto mineiro de Corcoesto ou da Asociación Monte Pindo Parque Natural; traballador@s de T-Solar e da sanidade pública, exixiron "poder de decisión real" para pór solución "aos problemas deste país".
"Queremos unha Patria libre, de mulleres libres", de "mulleres sen medo" --clamou a actriz Isabel Risco-- entre bricadeiras que en inglés ridiculizaron a "quen nos quere colonizar".
O vivido este domingo en Compostela sintetizouno ben a voceira da Plataforma veciñal na defensa de Corcoesto. Ela e @s alí presentes tíñano claro: "Nacimos para sermos libres nunha Patria soberana".
luns 16 setembro 2013
En hasta el final | | Permalink
-
Galerías
Algunhas das miñas fotos-
cornisas de espuma
fotos desde las orillas donde el oceano pierde sus dientes de leche
-
artefactos de la luz
papiroflexia de los ojos
-
cornisas de espuma
-
Calendario
-
Seccións
-
Ligazóns
- aguazero
- alternativa, revista critica
- ARTABRIA 21
- artes poeticas
- axitacion social
- blogs R
- buscador-r
- casa asia
- colectivo de mamiferos in versos
- colombia a las claras
- comite cidadan de emerxencia pra ria de ferrol
- cuaderno de Vicent camps
- CUBA INFORMACION
- david gonzalez
- de la lucha antiterrorista como coartada
- de suso
- Dia das letras galegas: UXIO
- el proyecto matriz
-
" class="rBookmark100">eureka hot 3
- Ferrol, por un goberno de progreso
- fiestras
- foro social galego
- fuco buxan
- gabriel tizon
- galiza irredenta
- galiza non se vende
- karlotti
- la economia como catastrofe
- la poesia encarnada
- la voz de los pueblos y sus mundos
- los poetas italianos
- manu chao
- mundo alternativo, alternativa al saqueo
- mundo-r
- no-art
- novas de CARLOS SANTIAGO
- o leo
- orfeu
- os blogs en galego
- palabras de LOBO ANTUNES
- para mariñeiros nós
- pecebeiro
- Pensando con Ignacio Castro
- poesia de resistencia
- poeta irredento
- queiruga virgen
- resistir
- señales de los tiempos que habitamos
- testemuñas
- testos magistrales en la red
- textos situacionistas
- the diesel dogs band
- UXIO NOVONEIRA E O DIA
- velocimetro
- viktor gomez
-
RSS