Milleiros en Compostela na defensa dun idioma para un país de tod@s

 

Milleiros en Compostela na defensa dun idioma para un país de tod@s

Unha maré de persoas, de todas as idades, fan da capital da Galiza o barco dun idioma universal. “Non queremos ser estranxeir@s na propia Patria”. Non pedimos demasiado, non?  X.M.P.

“Non queremos ser estranxeir@s na propia Patria”. A palabra de orde de Queremos Galego reuniu milleiros e milleiros de persoas en Compostela, nunha multitudinaria manifestación que non quixo saber nin de adversidades meteorolóxicas nin políticas.

Unha maré, unha verdadeira maré, percorreu a capital de Galiza, Con faixas, lemas, cancións, alegría... “Non presumo, mais tampouco teño por que pedir perdón. Falo galego e punto”, indicaba Maribel, unha estudante universitaria de Vigo.


A pallasa do PP
Foi unha protesta multitudinaria. Non hai que ter medo á palabra protesta. Foi unha protesta. Contra as políticas que afogan e marxinan o idioma propio do país. Moz@s e vell@s, guap@s e fe@s,de esquerdas e non de esquerdas, pola independencia e por seguir no Estado... o galego é tan plural como a xente que o fala. Non se trata de marxinar nin de impoñer, trátase de poder vivir en Galiza en Galego.

E no medio da mobilización na que participaron milleiros de persoas, un pallaso. Bon, perdón para os pallasos. Non era un pallaso, Era unha provocadora, animada por determinado medio de comunicación con idea de provocar. Unha moza con bandeira do PP percorrendo a mobilización, procurando que a provocasen e a insultasen. Saiu ben parada. Como moito, indiferenza..

Ogallá ese mesmo medio de comunicación mande a unha persoa coa bandeira galega ou a prol do galego a unha mobilización desas que tanto gosta de Galicia Bilingüe/UpyD/soloenespañol. De certo, non sairía tan ben parado.

Nada que ocultar

A manifestación partiu da Alameda de Compostela e acabou na Praza da Quintana. Na manifestación había actrices e actores, escrito@es, polític@s, sindicalist@s, músic@s...mais tamén había mariñeir@s, funcionari@s, desempregad@s, taberneir@s, obreir@s, estudantes, carpinteir@s, autónom@s,... Unha cousa que sorprenderá a Feijóo: na manifestación a prol do galego había castelán-falantes. Xente que entende que o idioma propio de Galiza merece estar ao mesmo nivel que o Estado

Os do eneagá, os mellores cuñados

E tamén estaban na manifestación os reintegracionistas e lusistas (vaia vostede a saber a diferenza!). Eran distinguíbeis porque levaban un sorriso. Faixas con eneagá, eleagá e moita brincadeira.... Dicía un manifestante de Aguiño: “Son como eses cuñados que son un pouco pesados, pero dos que sabes que teñen razón”.

 

 

sabado 18 maio 2013

En hasta el final | | Permalink






os comentarios foron deshabilitados.
Greenpeace. Eu son Antinuclear